AS FOLLAS
As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.
Os esqueletos de xeo
amosan os
seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.
Unha alfombra cobre
o chan,
tapiz
de follas caídas,
folliñas que
veñen e van.
Folliñas lixeiras e
secas
fatigadas de troular.
Folliñas que
bailan co vento
todos collidos da man.
Antonio García Teijeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario